OBRADOIRO PERCUSIÓN DOMÉSTICA.

Xa temos preparado un novo obradoiro! Neste caso será impartido por Fernando Saavedra, nel aprenderemos a tocar os diferentes instrumentos domésticos como as culleres, o prato, a tixola ou a lata de pimentón. Será o día 19 de novembro no local da asociación ( enlace ubicación), de 10h a 14:30h. Si queredes pasar unha mañá tocando cacharrada e pasalo ben apuntadevós!!!

Cubride o formulario aquí e poñeremonos en contacto para decirvos se estades anotados e os pasos a seguir.
PRAZAS LIMITADAS !

OBRADOIRO DE VESTIMESTA TRADICIONAL

Comenzamos o novo curso e con el temos aquí xa un novo obradoiro! O curso será impartido por Montse Rivera, nel aprenderemos as partes do traxe tradicional e as distintas maneiras de vestirnos coa roupa deste. Será o día 28 de outubro no local da asociación ( enlace ubicación), de 17h a 19:30h. Si queredes aprender a colocar un pano de cabeza, ou axeitar unha faixa, tendes que vir!!!

Cubride o formulario aquí e poñeremonos en contacto para decirvos se estades anotados e os pasos a seguir.
PRAZAS LIMITADAS !

CURSO 23/24

ACTIVIDADES OFERTADAS PARA O CURSO 2023-2024

A idade das actividades é orientativa.

As actividades realizaranse do 11 de setembro ao 21 de xuño.                              

As actividades precisarán dun número mínimo de alumnado para poder levarse a cabo.

BAILE TRADICIONAL (12€/mes):

 Impartido por  Uxía Verdía, Fransy González,  Alex Insua e Hadrián García

GRUPOIDADEMESTREHORARIO
Xiradeliñ@s+3 anosUxía e FransyMércores      17:00- 18:00
Arroutada+7 anosFransyLuns             18:00-19:00
IniciaciónAdultos iniciaciónHadrián GarcíaLuns             20:00-21:00
Foliadeir@sAdultos nivel intermedioHadrián GarcíaLuns              21:00-22:00
Farrapos+12 anosAlex InsuaMiércoles      20:30-21:30
Cinquilimpé+16 anosAlex InsuaMércores       21:30-22:30

PANDEIRETA  E CANTO TRADICIONAL (14€/mes): Impartido por Fransy  González

GRUPOIDADEHORARIO
Chiculate+4 anos Uxía e FransyMércores           18:00-19:00
Estalotes+7 anosLuns                   17:00-18:00
Arrieiras+14 anosLuns                   19:00-20:00
TrouladaAdultos Perfec.Luns                   20:00-21:00
AlgaradaAdultos Perfec.Luns                   21:00-22:00
A ReghocheoHomesMércores            20:30-21:30
MisturaAdultos Inic. IIMércores            21:30-22:30
Lume+10  anosXoves                19:00-20:00
A Pedreira+12  anosXoves                20:00-21:00
RetelladasAdultos MedioXoves                 21:00-22:00
RiscadeirasAdultos Inic. IMércores           19:00-20:00
Aula mañánAdultos Xoves mañán Pendente de horario

GAITA  E PERCUSIÓN (15€/mes 1 día semana, 2 días 30€/mes ): Impartido por Pedro Lamas

GRUPOIDADEHORARIO
Gaita MañánAdultos Martes mañán  Pendente
Gaita I Inic.+9 anosMartes               18:00-19:30
Percusión+9 anosMartes               19:30-20:30
Gaita II PerfeccionamentoAdultosMartes               21:00-22:30
Gaita Venres+9 anos Venres               19:00-20:00

 ACORDEÓN  (18€/mes): Tonecho Castrelos

GRUPOIDADEHORARIO
Acordeón+10 anos  Martes              17:00-18:00

BAILE MODERNO (15€/mes): Impartido por Irene Pazos

GRUPOIDADEHORARIO
Baile moderno+7 anosXoves                 18:30-19:30
Baile modernoAdultosXoves                 20:00-21:30

DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz

GRUPOIDADEHORARIO
AvanzadoAdultosVenres               19:00-20:30
IniciaciónAdultosVenres               20:30-22:00

SOCIOS

Renovación:

O día 10 de setembro pasarase pola conta a cota de socio + matrícula (18 euros cota de socio+ 3 euros de matrícula) As cotas de actividades seguiranse pasando trimestralmente pola conta. Preme aquí para o cuestionario de renovación.

BAIXAS : Notificaranse por correo electrónico inscripcionxiradela@yahoo.com, antes do día 25 de cada mes, é de obriga facelo así para evitar cargos innecesarios para vós. Responderemos nun prazo máx. de 72 horas coa tramitación da dita petición.

NOVAS ALTAS :

Presencial: os días 31 de agosto e 1 de setembro na Asociación sita en Rúa Padre Villa nº 30 15142 Arteixo, A Coruña. De 19:00-21:00 hrs. O importe que hai que pagar é de 18 euros de cota de socio e 5 euros de matrícula

Internet : A partir do 20 de agosto descarga aquí ou na categoría DOCUMENTOS de esta web a ficha de inscrición, cúbrea e traea devolta á asociación. Se non podes vir o día 31 de agosto ou 1 de setembro envíanos un xustificante de pago da cota de socio (18 euros) e a matrícula (5 euros), ao ES36 2100 5097 2202 0016 9475 E EN CONCEPTO DEBEDES POÑER  NOME E APELIDOS DA PERSOA QUE VAI ASISTIR ÁS ACTIVIDADES, ao correoinscripcionxiradela@yahoo.com

XXXV DÍA DA MUIÑEIRA EN ARTEIXO

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXV Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 11 de Xuño ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación) 

BASES DO XXXIV DÍA DA MUIÑEIRA

  • Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
  • Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que  desexe.
  • Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
  • A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira dos Queixas” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
  • A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que atoparas premendo aquí.
  • O prazo de inscrición remata o venres 2 de xuño. 
  • Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
  • Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.

Tlfno. de contacto:   698 179 264

XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría: 

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo. 

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.

6. Os premios serán os seguintes:

1º premio: trofeo e 300 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo e 100 €

Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.

10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.

11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 25 de marzo as 12:00  e remata o mércores 12 de abril  ás 24:00.

12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 20223Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264
(tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com

Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:

FORMULARIO

OBRADOIRO: BORDADO O AIRE

Os vindeiros 1 e 2 de abril a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de Bordado o aire impartido por Alvaro Lemus. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30. As 10 horas do curso impartiranse en 2 sesións: sábado, 1 de abril, de 16:00 a 21:00 h e domingo, 2 de abril, de 09:00 a 14:00 h. Podes traer os teus materiais ou podemos facilitarche nós un kit con todo o necesario por 10€ máis; só tes que especificalo no formulario que tes que cubrir para inscribirte. Podes inscribirte premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosche se estás admitido/a ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicarémosche como tes que formalizar a túa inscrición. Para calquera dúbida, podes poñerte en contacto con nós a través do correo xiradela@yahoo.es .

OBRADOIRO: ACOMPAÑAMENTO A MÚSICA DE GAITA

O vindeiro 5 de febreiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de acompañamento á música de gaita impartido por Alejandra Montero. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en horario de10:00 a 12:00 da mañá. E preciso ter un nivel avanzado de pandeireta. Para inscribirvos tendes que cubrir o seguinte formulario premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es .

OBRADOIRO: ENFIADO AO XEITO TRADICIONAL

O vindeiro 22 de xaneiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de enfiado ao xeito tradicional impartido por Ana Nogareda. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en dúas quendas a escoller, mañá e tarde. A idade mínima é de 12 anos. Neste obradoiro aprenderannos a enfiar un sapo con doas, trae o teu aderezo, as doas se queres poñémolas nós, só tes que especificalo na folla de inscrición que tes que cubrir aquí para anotarte. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es.

INSCRIPCIÓNS CURSO 22/23

A idade das actividades é orientativa

As actividades realizaranse do  3 de outubro a  23 xuño.                             

As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.

 BAILE TRADICIONAL (12€/mes):

 Impartido por  Uxía Verdia, Fransy Gónzalez,  Alex Insua e Alberto Liñares

GRUPOIDADEMESTREHORARIO
Xiradeliñ@s+3 anosUxíaMércores          17:00- 18:00
Arroutada+7 anosFransyLuns                  18:00-19:00
Xestiñ@sAdultos Inic.Alex InsuaMércores          20:00-21:00
Foliadeir@sAdultos nivel intermedioAlberto LiñaresLuns                  21:00-22:00
Setebrincos+12 anosAlex InsuaMércores          19:00-20:00
Samaín+15 anosAlex InsuaMércores          21:00-22:00
Cinquilimpé+18 anosAlex InsuaMércores          22:00-23:00

 PANDEIRETA  E CANTO TRADICIONAL (14€/mes): impartido por Fransy  González

GRUPOIDADEHORARIO
Iniciación+4 anosMércores           18:00-19:00
Estalotes+chiculate+7 anosLuns                   17:00-18:00
Arrieiras+14 anosLuns                   19:00-20:00
TrouladaAdultos Perfec.Luns                   20:00-21:00
AlgaradaAdultos Perfec.Luns                   21:00-22:00
A ReghocheoHomesMércores          20:30-21:30
MisturaAdultos Inic. IIMércores          21:30-22:30
Lume+10  anosXoves                 19:00-20:00
A Pedreira+12  anosXoves                 20:00-21:00
RetelladasAdultos MedioXoves                 21:00-22:00
IniciaciónAdultos Inic. IMércores          19:00-20:00

 GAITA  E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas

GRUPOIDADEHORARIO
Gaita I+9 anosMartes               18:00-19:30
Percusión+9 anosMartes               19:30-20:30
Gaita IIAdultosMartes               21:30-22:30

 ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex  Fente

GRUPOIDADEHORARIO
Acordeón+14 anosVenres               20:30-22:00

 GUITARRA (18€/mes): Impartido por Anxo Souto

GRUPOIDADEHORARIO
Guitarra+7 anosVenres               19:00-20:00

BAILE MODERNO (15€/mes): Impartido por Irene Pazos

GRUPOIDADEHORARIO
Baile moderno+7 anosXoves                 18:00-19:00
   

DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz

GRUPOIDADEHORARIO
AvanzadoAdultosVenres               19:00-20:30

As inscripcións formalizaránse os  días 19 e 20 de setembro de 19:00-21:00 no local da asociación sito en:

r/ padre villa 30, Laxobre Arteixo

A cota de socio ten un prezo de 18€ anuais. O pago desta e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente.

Os pagos realizaranse da seguinte maneira:

  • Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
    • Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
    • Febreiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
    • Maio: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.

IMPORTE DA MATRÍCULA:

Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.

Importe da matrícula:

  • Socios/as: 3 €.
  • Novos socios/as: 5 €

O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado no caso de novos socios e no recibo de novembro para os socios.

Podes levar a ficha de inscripción cuberta e descargala no seguinte enlace.