XXXIV DÍA DA MUIÑEIRA EN ARTEIXO

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXIV Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 12 de Xuño ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación)

BASES DO XXXIV DÍA DA MUIÑEIRA

  • Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
  • Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que  desexe.
  • Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
  • A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira de Tomiño” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
  • A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que se atopará dispoñible na paxina web de A.X.Xiradela (http://xiradela.org/) e en redes sociais.
  • O prazo de inscrición remata o venres 3 de xuño.
  • Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
  • Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
  • Rechea o formulario aquí .

Tlfno. de contacto:   698 179 264

40 ANIVERSARIO

O vindeiro 14 de maio imos celebrar o 40 aniversario da asociación cun acto na praza do balneario en Arteixo. Alí haberá varias actuacións para celebralo todos xuntos e despois desfrutaremos todos dunha foliada aberta para seguir a festa.

INSCRIPCIÓNS CURSO 21/22

ACTIVIDADES OFERTADAS POLA A.X. XIRADELA DURANTE O CURSO 2021-2022

A idade das actividades é orientativa.

As actividades realizaranse do 20 de setembro a  20 xuño.

As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.

BAILE TRADICIONAL (12€/mes): Impartido por Rocío Broz, Uxía Verdia  e Alex Insua

GRUPOIDADEMESTREHORARIO
Abellarucos+3 anosUxíaMércor. 18:00-19:00
Arroutada+7 anosRocíoLuns       18:00-19:00
CharamuiñasAdultos Inic.RocíoLuns       19:15-20:15
FoliadeirosAdultos nivel intermedioRocíoLuns       20:30-21:30
Samaín+14 anosRocíoXoves     20:00-21:00
Setebrincos+10 anosÁlexVenres   17:00-18:00

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes): impartido por Fransy  González

GRUPOIDADEHORARIO
Chiculate+4 anosLuns                   16:00-17:00
Estalotes+7 anosLuns                   17:00-18:00
Golfiñas+13 anosLuns                   18:00-19:00
TrouladaAdultos Perfec.Luns                   19:15-20:15
AlgaradaAdultos Perfec.Luns                   21:00-22:00
A ReghocheoHomesMércores          20:30-21:30
Iniciación I AdultosAdultos IniciaciónMércores          21:30-22:30
Lume+9 anosXoves                 18:00-19:00
A Pedreira+11 anosXoves                 19:00-20:00
Iniciación II AdultosAdultos IniciaciónXoves                 20:00-21:00
RetelladasAdultos MedioXoves                 21:00-22:00

GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas

GRUPOIDADEHORARIO
Gaita Iniciación+9 anosMartes               18:00-19:00
Percusión+9 anosMartes               19:10-20:20
Gaita GrupoAdultosMartes               20:30-21:30
Gaita PerfeccionamentoAdultosMartes               21:30-22:30

ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex  Fente

GRUPOIDADEHORARIO
Acordeón+14 anosVenres               20:00-21:30

BAILE MODERNO(15€/mes): Impartido por Rocío Broz

GRUPOIDADEHORARIO
Maiores+10 anosXoves                 18:45-19:30
PequenosDe 6 a 9 anosXoves                 18:15-19:00

DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz

GRUPOIDADEHORARIO
IniciaciónAdultosMartes               21:15-22:45
AvanzadoAdultosVenres               18:50-20:20

As inscripcións formalizaránse no local da asociación sito en:

r/ padre villa 30, Laxobre Arteixo

A cota de socio ten un prezo de 18€ anuais. O pago desta e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente.

Dependendo da modalidade elixida, os pagos realizaranse da seguinte maneira:

  • Modalidade anual: único pago no mes de novembro da cuota de socio e do importe da cuota das actividades de todo o ano.
  • Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
    • Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
    • Xaneiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
    • Abril: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.

IMPORTE DA MATRÍCULA:

Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.

Importe da matrícula:

  • Socios/as: 3 €.
  • Novos socios/as: 5 €

O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado no caso de novos socios.

A GÁRGOLA DO MESTRE MATEO.

O vindeiro venres 2 de xullo a escola de baile emúsica tradicional da Asociación ten a honra de colaborar na obra A Gárgola do Mestre Mateo. O lugar elixido é o anfiteatro do Paseo fluvial se a choiva o permite senon trasladarasé o Auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

Se non podedes asistir tamén tedes a opción de vernos en directo a través de youtube pinchando en este enlace https://youtu.be/EhUmIhamPp8

VOLTAMOS.

Dende a A.X.Xiradela queremos comunicarvos que este luns 1 de marzo retomaremos todas aquelas actividades que as condiciones sanitarias actuais nos permiten. Así que collede moitas forzas 😉que voltamos 🥳

PECHE DE AULAS PRESENCIAS.

Estimad@s soci@s e simpatizantes:

Dende o pasado 15 de xaneiro debido ás restricións e para previr decidimos suspender temporalmente as aulas presenciais ata que isto mellore e poidamos retomalas.

Neste tempo seguimos impartindo de xeito telématico as aulas de gaita e percusión con Pedro Lamas, baile moderno con Rocío Broz e algunhas de baile tradicional tamén con Rocío Broz. Outro xeito de manter vivas as nosas tradicións nestes tempos de pandemia botando man das novas tecnoloxías.

Moita forza para tod@s e a seguir practicando!!!.

CURSO 2020-2021

As matrículas para socios terán lugar os días 31 de Agosto e 1 de Setembro de 19:00 a 21:00. As matrículas de non socios serán os días 3 e 4 de setembro de 19:00 a 21:00. Aconsellamos que non esperedes ao último momento para vir para evitar acumulación de xente no local.

A pesares das circunstancias agardamos a que vos animedes a continuar coas actividades. Para poder facelo con seguridade seguiremos un protocolo redactado seguindo as normativas establecidas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, e que podedes consultar na oficina da instalación de Agarimo.

Se tendes calquera dúbida xa vos informamos a través deste correo, no telefono de Xiradela (698179264) ou ben nas instalación de Agarimo durante o período de matrícula.

ACTIVIDADES OFERTADAS POLA A.X. XIRADELA DURANTE O CURSO 2020-2021

A idade das actividades é orientativa.

As actividades realizaranse de mediados de setembro a xuño.

As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.

BAILE TRADICIONAL (10€/mes): Impartido por Rocío Broz, Sheila Bello  e Alex Insua

GRUPO IDADE MESTRE HORARIO
Arroutada +7 anos Rocío Luns        16:00-17:00
Abellarucos +5anos Sheila Luns        17:15-18:15
Trécola +8anos Rocío Luns        18:25-19:25
Foliadeiros Adultos
nivel
intermedio
Rocío Luns        20:45-21:45
Xiradeliños +3 anos Sheila Martes    18:00-19:00
Charamuiñas Adultos Sheila Mércores  20:30-21:30
Samaín +14 anos Rocío Xoves        17:00-18:00
Chimpo +16 anos Álex Xoves        21:00-22:00
Setebrincos +11 anos Álex Venres      17:00-18:00
Chuscarrandeiras Adultos
Iniciación II
Sheila Venres     20:30-21:30

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (12€/mes): impartido por Fransy  González

GRUPO IDADE HORARIO
Chiculate +5 anos Luns        16:00-16:55
Estalotes +8 anos Luns        17:05-18:00
Golfiñas +11 anos Luns        18:10-19:05
Troulada Adultos Perfec. I Luns        19:15-20:10
Arrieiras +13 anos Luns        20:20-21:15
Algarada Adultos Perfec. II Luns        21:25-22:20
A Reghocheo Homes Iniciación Mércores  20:30-21:25
Iniciación I Adultos Adultos Iniciación I Mércores   21:35-22:30
Lume +9 anos Xoves         17:50-18:45
A Pedreira +10 anos Xoves        18:55-19:50
Cantaruxa +16 anos Perfec. I Xoves        20:00-20:55
Retelladas Adultos Iniciación II Xoves        21:05-22:00

GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas

GRUPO IDADE HORARIO
Gaita Iniciación +9 anos Martes               18:00-19:15
Percusión +9 anos Martes               19:30-20:30
Gaita Grupo Adultos Martes               20:45-21:45
Gaita Perfeccionamento Adultos Martes               22:00-23:00

ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex  Fente

GRUPO IDADE HORARIO
Acordeón +14 anos Venres               20:00-21:30

BAILE MODERNO(15€/mes): Impartido por Rocío Broz

GRUPO IDADE HORARIO
Maiores +10 anos Luns                   19:35-20:35
Pequenos De 6 a 9 anos Xoves                 18:15-19:15

DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz

GRUPO IDADE HORARIO
Iniciación Adultos Martes               21:15-22:45
Avanzado Adultos Venres               18:50-20:20

Asemblea Xeral Ordinaria

Estimado socio/a:

       Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro 26 de xuño, ás 21:00 h. en primeira convocatoria, e ás 21:30 h. en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos na orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Renovación da Xunta Directiva da asociación.
  3. Informe de secretaría.
  4. Informe de tesourería.
  5. Informe da vogalía de actividades de tempo libre.
  6. Rogos e preguntas.

XXI Concurso de Música Tradicional

ACTUALIZACIÓN MARZO 2020

Comunicarvos que debido á situación que estamos vivindo por mor da alerta sanitaria polo COVID-19, decidimos pospoñer o XXI concurso de música tradicional que estaba previsto para o vindeiro 19 de abril.

Estamos a mirar outra data para celebralo e tan pronto como a teñamos vos informaremos e abriremos un novo prazo de inscrición

As inscricións recibidas valen para a nova data

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

    Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.

    A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDEIRETEIRAS:

CATEGORÍA A e B:     1º premio: trofeo e 250 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D:     1º premio: trofeo e 300 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar  o día 19 de abril de 2020 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

       O prazo de inscrición remata o xoves 9 de abril de 2020.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 19 de abril de 2020. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono:

Tlf. móbil:  698 179 264 (tardes)

Correo electrónico: xiradela@yahoo.es