OBRADOIRO PERCUSIÓN DOMÉSTICA.

Xa temos preparado un novo obradoiro! Neste caso será impartido por Fernando Saavedra, nel aprenderemos a tocar os diferentes instrumentos domésticos como as culleres, o prato, a tixola ou a lata de pimentón. Será o día 19 de novembro no local da asociación ( enlace ubicación), de 10h a 14:30h. Si queredes pasar unha mañá tocando cacharrada e pasalo ben apuntadevós!!!

Cubride o formulario aquí e poñeremonos en contacto para decirvos se estades anotados e os pasos a seguir.
PRAZAS LIMITADAS !

OBRADOIRO DE VESTIMESTA TRADICIONAL

Comenzamos o novo curso e con el temos aquí xa un novo obradoiro! O curso será impartido por Montse Rivera, nel aprenderemos as partes do traxe tradicional e as distintas maneiras de vestirnos coa roupa deste. Será o día 28 de outubro no local da asociación ( enlace ubicación), de 17h a 19:30h. Si queredes aprender a colocar un pano de cabeza, ou axeitar unha faixa, tendes que vir!!!

Cubride o formulario aquí e poñeremonos en contacto para decirvos se estades anotados e os pasos a seguir.
PRAZAS LIMITADAS !

OBRADOIRO: BORDADO O AIRE

Os vindeiros 1 e 2 de abril a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de Bordado o aire impartido por Alvaro Lemus. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30. As 10 horas do curso impartiranse en 2 sesións: sábado, 1 de abril, de 16:00 a 21:00 h e domingo, 2 de abril, de 09:00 a 14:00 h. Podes traer os teus materiais ou podemos facilitarche nós un kit con todo o necesario por 10€ máis; só tes que especificalo no formulario que tes que cubrir para inscribirte. Podes inscribirte premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosche se estás admitido/a ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicarémosche como tes que formalizar a túa inscrición. Para calquera dúbida, podes poñerte en contacto con nós a través do correo xiradela@yahoo.es .

OBRADOIRO: ACOMPAÑAMENTO A MÚSICA DE GAITA

O vindeiro 5 de febreiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de acompañamento á música de gaita impartido por Alejandra Montero. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en horario de10:00 a 12:00 da mañá. E preciso ter un nivel avanzado de pandeireta. Para inscribirvos tendes que cubrir o seguinte formulario premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es .

OBRADOIRO: ENFIADO AO XEITO TRADICIONAL

O vindeiro 22 de xaneiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de enfiado ao xeito tradicional impartido por Ana Nogareda. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en dúas quendas a escoller, mañá e tarde. A idade mínima é de 12 anos. Neste obradoiro aprenderannos a enfiar un sapo con doas, trae o teu aderezo, as doas se queres poñémolas nós, só tes que especificalo na folla de inscrición que tes que cubrir aquí para anotarte. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es.