As matrículas para socios terán lugar os días 31 de Agosto e 1 de Setembro de 19:00 a 21:00. As matrículas de non socios serán os días 3 e 4 de setembro de 19:00 a 21:00. Aconsellamos que non esperedes ao último momento para vir para evitar acumulación de xente no local.
A pesares das circunstancias agardamos a que vos animedes a continuar coas actividades. Para poder facelo con seguridade seguiremos un protocolo redactado seguindo as normativas establecidas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, e que podedes consultar na oficina da instalación de Agarimo.
Se tendes calquera dúbida xa vos informamos a través deste correo, no telefono de Xiradela (698179264) ou ben nas instalación de Agarimo durante o período de matrícula.
ACTIVIDADES OFERTADAS POLA A.X. XIRADELA DURANTE O CURSO 2020-2021
A idade das actividades é orientativa.
As actividades realizaranse de mediados de setembro a xuño.
As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.
BAILE TRADICIONAL (10€/mes): Impartido por Rocío Broz, Sheila Bello e Alex Insua
| GRUPO | IDADE | MESTRE | HORARIO |
| Arroutada | +7 anos | Rocío | Luns 16:00-17:00 |
| Abellarucos | +5anos | Sheila | Luns 17:15-18:15 |
| Trécola | +8anos | Rocío | Luns 18:25-19:25 |
| Foliadeiros | Adultos nivel intermedio | Rocío | Luns 20:45-21:45 |
| Xiradeliños | +3 anos | Sheila | Martes 18:00-19:00 |
| Charamuiñas | Adultos | Sheila | Mércores 20:30-21:30 |
| Samaín | +14 anos | Rocío | Xoves 17:00-18:00 |
| Chimpo | +16 anos | Álex | Xoves 21:00-22:00 |
| Setebrincos | +11 anos | Álex | Venres 17:00-18:00 |
| Chuscarrandeiras | Adultos Iniciación II | Sheila | Venres 20:30-21:30 |
PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (12€/mes): impartido por Fransy González
| GRUPO | IDADE | HORARIO |
| Chiculate | +5 anos | Luns 16:00-16:55 |
| Estalotes | +8 anos | Luns 17:05-18:00 |
| Golfiñas | +11 anos | Luns 18:10-19:05 |
| Troulada | Adultos Perfec. I | Luns 19:15-20:10 |
| Arrieiras | +13 anos | Luns 20:20-21:15 |
| Algarada | Adultos Perfec. II | Luns 21:25-22:20 |
| A Reghocheo | Homes Iniciación | Mércores 20:30-21:25 |
| Iniciación I Adultos | Adultos Iniciación I | Mércores 21:35-22:30 |
| Lume | +9 anos | Xoves 17:50-18:45 |
| A Pedreira | +10 anos | Xoves 18:55-19:50 |
| Cantaruxa | +16 anos Perfec. I | Xoves 20:00-20:55 |
| Retelladas | Adultos Iniciación II | Xoves 21:05-22:00 |
GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas
| GRUPO | IDADE | HORARIO |
| Gaita Iniciación | +9 anos | Martes 18:00-19:15 |
| Percusión | +9 anos | Martes 19:30-20:30 |
| Gaita Grupo | Adultos | Martes 20:45-21:45 |
| Gaita Perfeccionamento | Adultos | Martes 22:00-23:00 |
ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex Fente
| GRUPO | IDADE | HORARIO |
| Acordeón | +14 anos | Venres 20:00-21:30 |
BAILE MODERNO(15€/mes): Impartido por Rocío Broz
| GRUPO | IDADE | HORARIO |
| Maiores | +10 anos | Luns 19:35-20:35 |
| Pequenos | De 6 a 9 anos | Xoves 18:15-19:15 |
DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz
| GRUPO | IDADE | HORARIO |
| Iniciación | Adultos | Martes 21:15-22:45 |
| Avanzado | Adultos | Venres 18:50-20:20 |
