XXI CONCURSO MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

  1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, veciñais ou de calquera outro tipo que o desexen.
  2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría: 

CATEGORÍA A: ata os 10 anos

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante

  1. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo. 
  2. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos.
  3. É obrigatorio usar o traxe tradicional.
  4. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
  5. Os premios serán os seguintes:

CATEGORÍA A e B:

1º premio: trofeo e 250 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo 

CATEGORÍA C e D:

1º premio: trofeo e 300 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo 

Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

  1. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
  2. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade.
  • A afinación e a interpretación.

  1. O concurso terá lugar o día 28 de novembro de 2021 con horario de mañá e tarde, no auditorio do centro cívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos grupos inscritos cando se achegue a data do concurso.
  2. Debido á cabida do recinto, e para cumprir a normativa sanitaria, restrinxirase a inscrición a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.
  3. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición comeza o luns, 25 de outubro e remata o domingo, 7 de novembro de 2021 ás 24:00.

  1. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
  2. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que cree dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
  3. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 28 de novembro de 2021.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
  4. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
  5. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es

Os premiados foron os seguintes grupos:

CATEGORÍA A:

-1º PREMIO PARA “GRUPO INFANTIL DE PANDEIRETA” DA A.C. PEIS D´HOS.

-2º PREMIO PARA “TITIRITEIRAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

-3º PREMIO PARA “MORENIÑAS” DA A.M.T VAI DE RODA.

– MELLOR VESTIARIO PARA “MORENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

CATEGORÍA B:

-1º PREMIO PARA “BARRULEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.

-2º PREMIO PARA “LARETAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

-3º PREMIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.

– MELLOR VESTIARIO PARA “LARETAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

CATEGORÍA C:

-1º PREMIO PARA “AS MOSAS DO HIO” DA A.C. PEIS D´HOS.

-2º PREMIO PARA “ARROLO” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.

-3º PREMIO PARA “GHARABULLOS” DA A.C.F. TARAMBAINAS .

– MELLOR VESTIARIO PARA ” GHARABULLOS ” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

CATEGORÍA D:

-1º PREMIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

-2º PREMIO PARA “DO RIVÉS” DA A.C.D. CARCAXÍA.

-3º PREMIO PARA”LINA E LOLA” DA A.C. PEIS D´HOS.

– MELLOR VESTIARIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.