XXII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría: 

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo. 

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.

6. Os premios serán os seguintes:

1º premio: trofeo e 300 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo e 100 €

Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 24 de abril de 2022 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.

10. A inscrición estará limitada a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.

11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 26 de marzo as 12:00  e remata o venres 8 de abril  ás 24:00.

12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 24 de abril de 2022.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es

Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:

https://forms.gle/qM8T7HZw9E4UHzgq7

Os premiados foron os seguintes grupos:

CATEGORÍA A:

-1º PREMIO PARA “GRUPO D” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.

-2º PREMIO PARA “MORENIÑAS” DA A.M.T VAI DE RODA.

-2º PREMIO PARA “TITIRITEIRAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

– MELLOR VESTIARIO PARA “GRUPO D” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.

CATEGORÍA B:

-1º PREMIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.

-2º PREMIO PARA “10 DE 10” DA ESCOLA MUNICIPAL DE FOLKLORE DE BETANZOS.

-3º PREMIO PARA “TARANDEIRAS” DA A.C. XACARANDAINA.

– MELLOR VESTIARIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.

CATEGORÍA C:

-1º PREMIO PARA “GRUPO B” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.

-2º PREMIO PARA “MEIROQUEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.

-3º PREMIO PARA “GHARABULLOS” DA A.C.F. TARAMBAINAS .

– MELLOR VESTIARIO PARA ” GHARABULLOS ” DA A.C.F. TARAMBAINAS.

CATEGORÍA D:

-1º PREMIO PARA “BARRULLEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.

-2º PREMIO PARA”LINA E LOLA” DA A.C. PEIS D´HOS.

-3º PREMIO PARA “MOZOS DA RONDA” DA A.C. DONAIRE.

– MELLOR VESTIARIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.