Panxoliñas con Xiradela no Nadal de 2024

Temos a nosa cita anual para ir cantar as panxoliñas de Nadal, e facer soar os nosos instrumentos polas rúas de Arteixo.

Vémonos o sábado, 21 de decembro de 2024. A partir das 17:45 horas empezarán a cantar e tocar os máis pequenos da Asociación Xuvenil Xiradela que arrincarán a súa ruta diante da residencia de persoas maiores no Paseo do Balneario.

Desde as 20:00 horas sumaráselle á cativada os adultos da asociación. Está previsto que a súa ruta comece na Praza do Petisco (na rúa peonil).

A A.X. Xiradela convida á veciñanza e visitantes de Arteixo a que se sumen a esta cita. Só hai que ter moita ilusión e ganas de festexar. Por certo, son benvidos os complementos de Nadal para facer ambiente!

BOAS FESTAS!

Colabora o Concello de Arteixo.