GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS
BASES

- É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
- Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún
membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da
categoría:- CATEGORÍA A: ata aos 9 anos
- CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos
- CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos
- CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante
- Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
- Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
- As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
- Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
- É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
- A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non
acadar o mínimo de cinco grupos. - Os premios serán os seguintes:
- 1º premio: trofeo e 300 €
- 2º premio: trofeo e 200 €
- 3º premio: trofeo e 100 €
- Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que
participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado. - No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade
- Afinación
- Interpretación
- O concurso terá lugar o día 27 de abril de 2025 con horario de mañá e tarde, no
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde
dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a
data do concurso. - A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X.
Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 15 de marzo,
ás 12:00 h e remata o sábado, 5 de abril, ás 24:00 h. - O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán
inapelables. - Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
- A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera
participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera
agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión
Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a. - Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do
Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos
acadados o día 27 de abril de 2025. É necesario que os /as gañadores/as estean
presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán
aboados mediante transferencia bancaria. - Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
- Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264
(tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com. - A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.