Aínda temos nos beizos o sabor doce da celebración do XXV Concurso de Música Tradicional de Pandeireteiras/os e xa temos na cabeza o Día da Muiñeira 2025 da Asociación Xuvenil Xiradela que fai a edición 37.º
Estamos desexando volver compartir con tantas agrupacións como nos acompañan nesa cita o amor polo noso.
Vémonos o domingo 11 de maio de 2025 no Paseo Fluvial de Arteixo. Para o público que desexe seguir as actuacións, a hora de comezo está fixada a partir das 18:00 horas. Nese momento haberá un desfile de todas as bailadoras e bailadore p empezamos a bailar todas e todos á vez a nosa peza máis tradicional. Cousa linda bailar con vós!

Colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa e Comercial Sánchez Vado.
A inscrición das agrupacións neste Día da Muiñeira remata o domingo 4 de maio de 2025. Anotádevos nesta ligazón.
BASES DO XXXVII DÍA DA MUIÑEIRA
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXVII Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 11 de Maio ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación)
• Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
• Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe.
• Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
• A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira dos Freires” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
• A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que se atopará dispoñible na paxina web de A.X.Xiradela (http://xiradela.gal) e en redes sociais.
• O prazo de inscrición remata o domingo 4 de maio.
• Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
• Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
Teléfono de contacto: 698 179 264