XXXII DÍA DA MUIÑEIRA

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 10 de xuño, ás 19:00 h, na rúa Alcalde Baldomero González.

BASES DO XXXII DÍA DA MUIÑEIRA

  • Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
  • Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe.
  • Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
  • A muiñeira que hai que bailar será a “Carballesa de Melide” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
  • O prazo de inscrición remata o 4 de xuño. As follas debidamente cubertas deberán enviarse por correo electrónico a:

xiradela@yahoo.es

  • Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás seis da tarde.
  • Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.

 Tlfno. de contacto:   698 179 264 (tardes)