O vindeiro 14 de maio imos celebrar o 40 aniversario da asociación cun acto na praza do balneario en Arteixo. Alí haberá varias actuacións para celebralo todos xuntos e despois desfrutaremos todos dunha foliada aberta para seguir a festa.
XXII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
6. Os premios serán os seguintes:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
– A súa dificultade.
– A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 24 de abril de 2022 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.
10. A inscrición estará limitada a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.
11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 26 de marzo as 12:00 e remata o venres 8 de abril ás 24:00.
12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 24 de abril de 2022.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es
Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:
https://forms.gle/qM8T7HZw9E4UHzgq7
Os premiados foron os seguintes grupos:
CATEGORÍA A:
-1º PREMIO PARA “GRUPO D” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.
-2º PREMIO PARA “MORENIÑAS” DA A.M.T VAI DE RODA.
-2º PREMIO PARA “TITIRITEIRAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
– MELLOR VESTIARIO PARA “GRUPO D” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.
CATEGORÍA B:
-1º PREMIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.
-2º PREMIO PARA “10 DE 10” DA ESCOLA MUNICIPAL DE FOLKLORE DE BETANZOS.
-3º PREMIO PARA “TARANDEIRAS” DA A.C. XACARANDAINA.
– MELLOR VESTIARIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.
CATEGORÍA C:
-1º PREMIO PARA “GRUPO B” DA A.F. CANTIGAS E AGARIMOS.
-2º PREMIO PARA “MEIROQUEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.
-3º PREMIO PARA “GHARABULLOS” DA A.C.F. TARAMBAINAS .
– MELLOR VESTIARIO PARA ” GHARABULLOS ” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
CATEGORÍA D:
-1º PREMIO PARA “BARRULLEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.
-2º PREMIO PARA”LINA E LOLA” DA A.C. PEIS D´HOS.
-3º PREMIO PARA “MOZOS DA RONDA” DA A.C. DONAIRE.
– MELLOR VESTIARIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
XXI CONCURSO MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS
BASES
- É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, veciñais ou de calquera outro tipo que o desexen.
- Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante
- As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
- Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos.
- É obrigatorio usar o traxe tradicional.
- A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
- Os premios serán os seguintes:
CATEGORÍA A e B:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo
CATEGORÍA C e D:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
- No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación e a interpretación.
- O concurso terá lugar o día 28 de novembro de 2021 con horario de mañá e tarde, no auditorio do centro cívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos grupos inscritos cando se achegue a data do concurso.
- Debido á cabida do recinto, e para cumprir a normativa sanitaria, restrinxirase a inscrición a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.
- A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición comeza o luns, 25 de outubro e remata o domingo, 7 de novembro de 2021 ás 24:00.
- O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
- A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que cree dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
- Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 28 de novembro de 2021.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
- Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
- Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es
Os premiados foron os seguintes grupos:
CATEGORÍA A:
-1º PREMIO PARA “GRUPO INFANTIL DE PANDEIRETA” DA A.C. PEIS D´HOS.
-2º PREMIO PARA “TITIRITEIRAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
-3º PREMIO PARA “MORENIÑAS” DA A.M.T VAI DE RODA.
– MELLOR VESTIARIO PARA “MORENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
CATEGORÍA B:
-1º PREMIO PARA “BARRULEIRAS” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.
-2º PREMIO PARA “LARETAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
-3º PREMIO PARA “RETRANQUEIRIÑOS” DA A.C. RETRANQUEIROS DE AMES.
– MELLOR VESTIARIO PARA “LARETAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
CATEGORÍA C:
-1º PREMIO PARA “AS MOSAS DO HIO” DA A.C. PEIS D´HOS.
-2º PREMIO PARA “ARROLO” DA A.F. SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO.
-3º PREMIO PARA “GHARABULLOS” DA A.C.F. TARAMBAINAS .
– MELLOR VESTIARIO PARA ” GHARABULLOS ” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
CATEGORÍA D:
-1º PREMIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
-2º PREMIO PARA “DO RIVÉS” DA A.C.D. CARCAXÍA.
-3º PREMIO PARA”LINA E LOLA” DA A.C. PEIS D´HOS.
– MELLOR VESTIARIO PARA “MENIÑAS” DA A.C.F. TARAMBAINAS.
INSCRIPCIÓNS CURSO 21/22
ACTIVIDADES OFERTADAS POLA A.X. XIRADELA DURANTE O CURSO 2021-2022
A idade das actividades é orientativa.
As actividades realizaranse do 20 de setembro a 20 xuño.
As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.
BAILE TRADICIONAL (12€/mes): Impartido por Rocío Broz, Uxía Verdia e Alex Insua
GRUPO | IDADE | MESTRE | HORARIO |
Abellarucos | +3 anos | Uxía | Mércor. 18:00-19:00 |
Arroutada | +7 anos | Rocío | Luns 18:00-19:00 |
Charamuiñas | Adultos Inic. | Rocío | Luns 19:15-20:15 |
Foliadeiros | Adultos nivel intermedio | Rocío | Luns 20:30-21:30 |
Samaín | +14 anos | Rocío | Xoves 20:00-21:00 |
Setebrincos | +10 anos | Álex | Venres 17:00-18:00 |
PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes): impartido por Fransy González
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Chiculate | +4 anos | Luns 16:00-17:00 |
Estalotes | +7 anos | Luns 17:00-18:00 |
Golfiñas | +13 anos | Luns 18:00-19:00 |
Troulada | Adultos Perfec. | Luns 19:15-20:15 |
Algarada | Adultos Perfec. | Luns 21:00-22:00 |
A Reghocheo | Homes | Mércores 20:30-21:30 |
Iniciación I Adultos | Adultos Iniciación | Mércores 21:30-22:30 |
Lume | +9 anos | Xoves 18:00-19:00 |
A Pedreira | +11 anos | Xoves 19:00-20:00 |
Iniciación II Adultos | Adultos Iniciación | Xoves 20:00-21:00 |
Retelladas | Adultos Medio | Xoves 21:00-22:00 |
GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Gaita Iniciación | +9 anos | Martes 18:00-19:00 |
Percusión | +9 anos | Martes 19:10-20:20 |
Gaita Grupo | Adultos | Martes 20:30-21:30 |
Gaita Perfeccionamento | Adultos | Martes 21:30-22:30 |
ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex Fente
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Acordeón | +14 anos | Venres 20:00-21:30 |
BAILE MODERNO(15€/mes): Impartido por Rocío Broz
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Maiores | +10 anos | Xoves 18:45-19:30 |
Pequenos | De 6 a 9 anos | Xoves 18:15-19:00 |
DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Iniciación | Adultos | Martes 21:15-22:45 |
Avanzado | Adultos | Venres 18:50-20:20 |
As inscripcións formalizaránse no local da asociación sito en:
r/ padre villa 30, Laxobre Arteixo
A cota de socio ten un prezo de 18€ anuais. O pago desta e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente.
Dependendo da modalidade elixida, os pagos realizaranse da seguinte maneira:
- Modalidade anual: único pago no mes de novembro da cuota de socio e do importe da cuota das actividades de todo o ano.
- Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
- Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
- Xaneiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
- Abril: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.
IMPORTE DA MATRÍCULA:
Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.
Importe da matrícula:
- Socios/as: 3 €.
- Novos socios/as: 5 €
O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado no caso de novos socios.
A GÁRGOLA DO MESTRE MATEO.
O vindeiro venres 2 de xullo a escola de baile emúsica tradicional da Asociación ten a honra de colaborar na obra A Gárgola do Mestre Mateo. O lugar elixido é o anfiteatro do Paseo fluvial se a choiva o permite senon trasladarasé o Auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo.
Se non podedes asistir tamén tedes a opción de vernos en directo a través de youtube pinchando en este enlace https://youtu.be/EhUmIhamPp8
XXI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
Traemos unha supernova….xa está aquí o noso concurso de pandeireta!!
Este ano ímolo facer o día 28 de novembro ,ide reservando o día.
VOLTAMOS.
Dende a A.X.Xiradela queremos comunicarvos que este luns 1 de marzo retomaremos todas aquelas actividades que as condiciones sanitarias actuais nos permiten. Así que collede moitas forzas que voltamos
PECHE DE AULAS PRESENCIAS.
Estimad@s soci@s e simpatizantes:
Dende o pasado 15 de xaneiro debido ás restricións e para previr decidimos suspender temporalmente as aulas presenciais ata que isto mellore e poidamos retomalas.
Neste tempo seguimos impartindo de xeito telématico as aulas de gaita e percusión con Pedro Lamas, baile moderno con Rocío Broz e algunhas de baile tradicional tamén con Rocío Broz. Outro xeito de manter vivas as nosas tradicións nestes tempos de pandemia botando man das novas tecnoloxías.
Moita forza para tod@s e a seguir practicando!!!.
CURSO 2020-2021
As matrículas para socios terán lugar os días 31 de Agosto e 1 de Setembro de 19:00 a 21:00. As matrículas de non socios serán os días 3 e 4 de setembro de 19:00 a 21:00. Aconsellamos que non esperedes ao último momento para vir para evitar acumulación de xente no local.
A pesares das circunstancias agardamos a que vos animedes a continuar coas actividades. Para poder facelo con seguridade seguiremos un protocolo redactado seguindo as normativas establecidas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, e que podedes consultar na oficina da instalación de Agarimo.
Se tendes calquera dúbida xa vos informamos a través deste correo, no telefono de Xiradela (698179264) ou ben nas instalación de Agarimo durante o período de matrícula.
ACTIVIDADES OFERTADAS POLA A.X. XIRADELA DURANTE O CURSO 2020-2021
A idade das actividades é orientativa.
As actividades realizaranse de mediados de setembro a xuño.
As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.
BAILE TRADICIONAL (10€/mes): Impartido por Rocío Broz, Sheila Bello e Alex Insua
GRUPO | IDADE | MESTRE | HORARIO |
Arroutada | +7 anos | Rocío | Luns 16:00-17:00 |
Abellarucos | +5anos | Sheila | Luns 17:15-18:15 |
Trécola | +8anos | Rocío | Luns 18:25-19:25 |
Foliadeiros | Adultos nivel intermedio | Rocío | Luns 20:45-21:45 |
Xiradeliños | +3 anos | Sheila | Martes 18:00-19:00 |
Charamuiñas | Adultos | Sheila | Mércores 20:30-21:30 |
Samaín | +14 anos | Rocío | Xoves 17:00-18:00 |
Chimpo | +16 anos | Álex | Xoves 21:00-22:00 |
Setebrincos | +11 anos | Álex | Venres 17:00-18:00 |
Chuscarrandeiras | Adultos Iniciación II | Sheila | Venres 20:30-21:30 |
PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (12€/mes): impartido por Fransy González
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Chiculate | +5 anos | Luns 16:00-16:55 |
Estalotes | +8 anos | Luns 17:05-18:00 |
Golfiñas | +11 anos | Luns 18:10-19:05 |
Troulada | Adultos Perfec. I | Luns 19:15-20:10 |
Arrieiras | +13 anos | Luns 20:20-21:15 |
Algarada | Adultos Perfec. II | Luns 21:25-22:20 |
A Reghocheo | Homes Iniciación | Mércores 20:30-21:25 |
Iniciación I Adultos | Adultos Iniciación I | Mércores 21:35-22:30 |
Lume | +9 anos | Xoves 17:50-18:45 |
A Pedreira | +10 anos | Xoves 18:55-19:50 |
Cantaruxa | +16 anos Perfec. I | Xoves 20:00-20:55 |
Retelladas | Adultos Iniciación II | Xoves 21:05-22:00 |
GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Gaita Iniciación | +9 anos | Martes 18:00-19:15 |
Percusión | +9 anos | Martes 19:30-20:30 |
Gaita Grupo | Adultos | Martes 20:45-21:45 |
Gaita Perfeccionamento | Adultos | Martes 22:00-23:00 |
ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex Fente
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Acordeón | +14 anos | Venres 20:00-21:30 |
BAILE MODERNO(15€/mes): Impartido por Rocío Broz
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Maiores | +10 anos | Luns 19:35-20:35 |
Pequenos | De 6 a 9 anos | Xoves 18:15-19:15 |
DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz
GRUPO | IDADE | HORARIO |
Iniciación | Adultos | Martes 21:15-22:45 |
Avanzado | Adultos | Venres 18:50-20:20 |
Asemblea Xeral Ordinaria
Estimado socio/a:
Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro 26 de xuño, ás 21:00 h. en primeira convocatoria, e ás 21:30 h. en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos na orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Renovación da Xunta Directiva da asociación.
- Informe de secretaría.
- Informe de tesourería.
- Informe da vogalía de actividades de tempo libre.
- Rogos e preguntas.