A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXV Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 11 de Xuño ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación)
BASES DO XXXIV DÍA DA MUIÑEIRA
Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe.
Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira dos Queixas” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que atoparas premendo aquí.
O prazo de inscrición remata o venres 2 de xuño.
Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
6. Os premios serán os seguintes:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
– A súa dificultade.
– A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.
10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.
11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 25 de marzo as 12:00 e remata o mércores 12 de abril ás 24:00.
12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 20223Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:
Os vindeiros 1 e 2 de abril a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de Bordado o aire impartido por Alvaro Lemus. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30. As 10 horas do curso impartiranse en 2 sesións: sábado, 1 de abril, de 16:00 a 21:00 h e domingo, 2 de abril, de 09:00 a 14:00 h. Podes traer os teus materiais ou podemos facilitarche nós un kit con todo o necesario por 10€ máis; só tes que especificalo no formulario que tes que cubrir para inscribirte. Podes inscribirte premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosche se estás admitido/a ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicarémosche como tes que formalizar a túa inscrición. Para calquera dúbida, podes poñerte en contacto con nós a través do correo xiradela@yahoo.es .
O vindeiro 5 de febreiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de acompañamento á música de gaita impartido por Alejandra Montero. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en horario de10:00 a 12:00 da mañá. E preciso ter un nivel avanzado de pandeireta. Para inscribirvos tendes que cubrir o seguinte formulario premendo aquí. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es .
O vindeiro 22 de xaneiro a Asociación Xuvenil Xiradela organiza un Obradoiro de enfiado ao xeito tradicional impartido por Ana Nogareda. Celebrarase nas instalacións situadas na rúa Padre Villa, 30, en dúas quendas a escoller, mañá e tarde. A idade mínima é de 12 anos. Neste obradoiro aprenderannos a enfiar un sapo con doas, trae o teu aderezo, as doas se queres poñémolas nós, só tes que especificalo na folla de inscrición que tes que cubrir aquí para anotarte. Por correo electrónico confirmarémosvos se estades admitidos/as ou en lista de agarda. Nese mesmo correo explicaremos como tedes que formalizar a vosa inscrición. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto no correo xiradela@yahoo.es.
As actividades realizaranse do 3 de outubro a 23 xuño.
As actividades precisarán dun número mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.
BAILE TRADICIONAL (12€/mes):
Impartido por Uxía Verdia, Fransy Gónzalez, Alex Insua e Alberto Liñares
GRUPO
IDADE
MESTRE
HORARIO
Xiradeliñ@s
+3 anos
Uxía
Mércores 17:00- 18:00
Arroutada
+7 anos
Fransy
Luns 18:00-19:00
Xestiñ@s
Adultos Inic.
Alex Insua
Mércores 20:00-21:00
Foliadeir@s
Adultos nivel intermedio
Alberto Liñares
Luns 21:00-22:00
Setebrincos
+12 anos
Alex Insua
Mércores 19:00-20:00
Samaín
+15 anos
Alex Insua
Mércores 21:00-22:00
Cinquilimpé
+18 anos
Alex Insua
Mércores 22:00-23:00
PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes): impartido por Fransy González
GRUPO
IDADE
HORARIO
Iniciación
+4 anos
Mércores 18:00-19:00
Estalotes+chiculate
+7 anos
Luns 17:00-18:00
Arrieiras
+14 anos
Luns 19:00-20:00
Troulada
Adultos Perfec.
Luns 20:00-21:00
Algarada
Adultos Perfec.
Luns 21:00-22:00
A Reghocheo
Homes
Mércores 20:30-21:30
Mistura
Adultos Inic. II
Mércores 21:30-22:30
Lume
+10 anos
Xoves 19:00-20:00
A Pedreira
+12 anos
Xoves 20:00-21:00
Retelladas
Adultos Medio
Xoves 21:00-22:00
Iniciación
Adultos Inic. I
Mércores 19:00-20:00
GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes): Impartido por Pedro Lamas
GRUPO
IDADE
HORARIO
Gaita I
+9 anos
Martes 18:00-19:30
Percusión
+9 anos
Martes 19:30-20:30
Gaita II
Adultos
Martes 21:30-22:30
ACORDEÓN (25€/mes): Impartido por Alex Fente
GRUPO
IDADE
HORARIO
Acordeón
+14 anos
Venres 20:30-22:00
GUITARRA (18€/mes): Impartido por Anxo Souto
GRUPO
IDADE
HORARIO
Guitarra
+7 anos
Venres 19:00-20:00
BAILE MODERNO (15€/mes): Impartido por Irene Pazos
GRUPO
IDADE
HORARIO
Baile moderno
+7 anos
Xoves 18:00-19:00
DANZA ORIENTAL (20 €/mes). Impartido por Fany Díaz
GRUPO
IDADE
HORARIO
Avanzado
Adultos
Venres 19:00-20:30
As inscripcións formalizaránse os días 19 e 20 de setembro de 19:00-21:00 no local da asociación sito en:
r/ padre villa 30, Laxobre Arteixo
A cota de socio ten un prezo de 18€ anuais. O pago desta e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente.
Os pagos realizaranse da seguinte maneira:
Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
Febreiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
Maio: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.
IMPORTE DA MATRÍCULA:
Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.
Importe da matrícula:
Socios/as: 3 €.
Novossocios/as: 5 €
O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado no caso de novos socios e no recibo de novembro para os socios.
Podes levar a ficha de inscripción cuberta e descargala no seguinte enlace.
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXIV Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 12 de Xuño ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación)
BASES DO XXXIV DÍA DA MUIÑEIRA
Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe.
Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira de Tomiño” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que se atopará dispoñible na paxina web de A.X.Xiradela (http://xiradela.org/) e en redes sociais.
O prazo de inscrición remata o venres 3 de xuño.
Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
O vindeiro 14 de maio imos celebrar o 40 aniversario da asociación cun acto na praza do balneario en Arteixo. Alí haberá varias actuacións para celebralo todos xuntos e despois desfrutaremos todos dunha foliada aberta para seguir a festa.
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
6. Os premios serán os seguintes:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
– A súa dificultade.
– A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 24 de abril de 2022 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.
10. A inscrición estará limitada a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.
11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 26 de marzo as 12:00 e remata o venres 8 de abril ás 24:00.
12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 24 de abril de 2022.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es
Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:
É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, veciñais ou de calquera outro tipo que o desexen.
Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante
As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos.
É obrigatorio usar o traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
Os premios serán os seguintes:
CATEGORÍA A e B:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo
CATEGORÍA C e D:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
No momento da cualificación o xurado terá en conta:
A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade.
A afinación e a interpretación.
O concurso terá lugar o día 28 de novembro de 2021 con horario de mañá e tarde, no auditorio do centro cívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos grupos inscritos cando se achegue a data do concurso.
Debido á cabida do recinto, e para cumprir a normativa sanitaria, restrinxirase a inscrición a 8 grupos por categoría. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición, e poderanse incrementar en función do número de participantes de cada grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para todos os grupos que non consigan entrar nos 8 da súa categoría.
A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición comeza o luns, 25 de outubro e remata o domingo, 7 de novembro de 2021 ás 24:00.
O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que cree dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 28 de novembro de 2021.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es