XXIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

  1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
  2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
    CATEGORÍA A: ata aos 9 anos
    CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos.
    CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos.
    CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante.
  3. Só os 10 primeros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
  4. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
  5. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
  7. Os premios serán os seguintes:
  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
  1. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame.
  2. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.
  3. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade
  • Afinación
  • Interpretación
  1. O concurso terá lugar o día 21 de abril de 2024 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seránlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.
  2. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X.Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado,16 de marzo as 12:00 e remata o sábado, 6 de abril ás 24:00.
  3. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
  4. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
  5. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 2023. É necesario que os /as gañadores/as estén presentes no esceario para recoller dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante
    transferencia bancaria.
  6. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
  7. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264
    (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
  8. Descarga o formulario de inscrición aquí.