XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría: 

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo. 

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.

6. Os premios serán os seguintes:

1º premio: trofeo e 300 €

2º premio: trofeo e 200 €

3º premio: trofeo e 100 €

Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centrocívico cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas serán enviadas aos inscritos cando se achegue a data do concurso.

10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.

11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado 25 de marzo as 12:00  e remata o mércores 12 de abril  ás 24:00.

12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a ComisiónOrganizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 20223Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264
(tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com

Podes cubrir o formulario de inscripción dentro do plazo no seguinte enlace:

FORMULARIO