Serán’01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional

Os días 8, 9 e 10 de xuño celébrase o I Encontro Galego de Cultura Popular con motivo da conmemoración da declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural (BIC) e alí estaremos!!!!
O sábado 9, de 18.00 a 20.00 horas, os máis pequenos participarán la Foliadiña Infantil
Pola noite, as nosas pandereteiras actuarán no Foliadón que comezará ás 22.00 hrs

E durante os 3 días, teremos no Museo Gaiás un stand adicado ao noso Concurso de Música Tradicional !!!!!!

Podedes ver toda a información do evento e descargar o programa no seguinte enlace: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/seran01-i-encontro-galego-de-cultura-popular-baile-e-musica-tradicional

XXXII DÍA DA MUIÑEIRA

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 10 de xuño, ás 19:00 h, na rúa Alcalde Baldomero González.

Actualización: Os grupos inscritos deberán concentrarse na cuberta do campo da festa (ao lado do Gadis), ás seis da tarde

BASES DO XXXII DÍA DA MUIÑEIRA

  • Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
  • Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe.
  • Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
  • A muiñeira que hai que bailar será a “Carballesa de Melide” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
  • O prazo de inscrición remata o 4 de xuño. As follas debidamente cubertas deberán enviarse por correo electrónico a:

xiradela@yahoo.es

  • Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás seis da tarde.
  • Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.

 Tlfno. de contacto:   698 179 264 (tardes)

 

XIX Concurso de Música Tradicional

GRUPOS DE PANDEIRETAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

CATEGORÍA A e B:

1º premio: trofeo e 200 €

2º premio: trofeo e 150 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D:

1º premio: trofeo e 250 €

2º premio: trofeo e 150 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 15 de abril de 2018 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 5 de abril de 2018.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 15 de abril de 2018. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes)

Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

Curso 2017/2018

No mes de setembro abrimos o prazo de matrícula para o curso 2017-2018. Podes ver as actividades premendo aquí.

Estes son os días e horarios de matrícula:

  • Socios: 14 e 15 de setembro, de 19.00h a 21.30h.
  • Novos socios: 21 e  22 de setembro, de 19.00h a 21.30h.

A matrícula realizarase nas instalacións do Centro Agarimo (Rúa Padre Villa, 30 – Laxobre – 15142 – Arteixo)

O pago da cota de socio e do importe das actividades ás que se asista farase mediante domiciliación bancaria e pode abonarse anual ou trimestralmente. Dependendo da modalidade elixida, os pagos realizaranse da seguinte maneira:

    • Modalidade anual: único pago no mes de novembro da cuota de socio e do importe da cuota das actividades de todo o ano.
    • Modalidade trimestral: tres pagos a abonar do seguinte xeito:
      • Novembro: cuota anual de socio e importe das actividades dos meses de outubro, novembro e decembro.
      • Xaneiro: importe das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
      • Abril: importe das actividades dos meses de abril, maio e xuño.

IMPORTE DA MATRÍCULA:

Só pagarán matrícula os socios/as que se anoten nalgunha actividade.

Os socios/as que non se inscriban en ningunha actividade serán renovados automaticamente da súa condición de socio/a.

Importe da matrícula:

  • Socios/as: 3 €.
  • Novos socios/as: 5 €

O pago correspondente ás matrículas realizarase ao contado.