Maratón de obradoiros dedicados á regueifa na A.X. Xiradela de Arteixo

  • O sábado 30 de novembro a asociación arteixá propón tres obradoiros coa regueifa como protagonista, dous pensados para adultos e un para a cativada
  • A regueifa era tradicional nas vodas no pasado

Ata tres obradoiros coa regueifa como protagonista propón a Asociación Xuvenil Xiradela para o sábado 30 de novembro na súa sede na rúa Padre Villa, nº 30 en Arteixo.

A regueifa, tamén coñecida como cantelo ou carocho, defínese na RAG como un “molete de pan adornado con ovo, azucre, caramelo, etc. con que se obsequia aos invitados a una voda e os veciños dos noivos”. A tradición consistía en que, nas vodas, unha bailadora danzaba coa regueifa (ese molete de pan) na cabeza. Ao remate do baile repartíase entre a veciñanza presente a regueifa para degustala en comunidade.

Desde a A.X. Xiradela de Arteixo organízanse para o vindeiro sábado 30 de novembro tres obradoiros dedicados á regueifa. De 16:00 a 18:00 horas terá lugar o primeiro pensado para adultos coa temática “Decorando a túa regueifa”. Ao mesmo tempo (de 16:00 a 18:00 horas) celebrarse un obradoiro orientado á cativada que impartirá Lupe Blanco e que leva por título “Improvisando regueifas”.

O peche desta maratón que ten como protagonista a ese elemento tradicional nas vodas galegas será o obradoiro “Bailando coa regueifa” pensado para participantes adultos que teñan coñecemento de base de baile tradicional galego.

Como inscribirse

Para apuntarse aos obradoiros accede a este formulario e cúbreo. A data límite para aceptar inscricións fixouse para o xoves 28 de novembro de 2024.

O prezo por obradoiro é de 15€ para persoas adultas non socias, 10€ para as socias, e no caso dos nenos e nenas a actividade é de balde para quen sexa socio/a e ten un custo de 5€ para aqueles pequechos/as que se animen a coñecer máis sobre a regueifa.

Actividades como estes obradoiros contribúen a conservar na memoria colectiva este costume da cultura tradicional galega que estaba ligado aos casamentos e no que gastronomía, canto e baile van da man. Deste xeito, as seguintes xeracións poderán coñecer a tradición da regueifa e levala á práctica se o consideran oportuno.

Máis información no enderezo electrónico xiradela@yahoo.es, no whatsapp 698 179 264 e nas redes sociais da A.X. Xiradela (Facebook e Instagram).

Este é o segundo obradoiro do curso 2024-25 da A.X. Xiradela que previamente puxo en marcha unha actividade para a elaboración de faldriqueiras.

Colabora con esta actividade o Concello de Arteixo.  

Obradoiro de faltriqueiras

Na Asociación Xuvenil Xiradela organizamos un obradoiro para a elaboración de faltriqueiras. A actividade terá lugar o vindeiro día domingo 13 de outubro de 2024.

Prezo do obradoito de faltriqueiras

O obradoiro para coser faltriqueiras terá unha duración aproximada de catro horas. Dará comezo ás 10:00 horas do domingo 13 de outubro nas instalacións da A.X. Xiradela que están na rúa Padre Villa, nº 30 no C.P. 15142 de Arteixo (A Coruña)

Para as persoas socias de Xiradela o custo do obradoiro de faltriqueiras é de 10 euros, e para aquelas que non sexan socias, é de 20 euros. En ambos os dous casos o prezo da actividade inclúe os materiais.

Segundo a Real Academia Galega unha faltriqueira, faldriqueira ou farraca é un peto que se levaba “ou ben solto atado á cintura, usado normalmente para gardar os cartos”.

Xa non temos excusa para non ter onde gardar as chaves, o móbil ou os cartos cando vestimos roupa tradicional! A solución dámoscha en Xira con este obradoiro no que habemos pasar tamén un bo rato creando a nosa propia faltriqueira.

Formulario de inscrición

Para anotarvos cubride este formulario. O prazo de inscrición está xa aberto e remata o mércores 9 de outubro.

Este será o primeiro obradoiro do curso 2024-2025 na A.X. Xiradela. Temos a intención de irvos propoñendo máis actividades á marxe das que se facemos de xeito regular.

Nesta actividade colabora o Concello de Arteixo.

Clases de Acordeón

Novidade!!

Este curso teremos aula de acordeón co mestre Fran Barcía os venres de 19:00-20:00. O prezo é de 35€ mensuais e dará comezo o primeiro venres de outubro.

Podes apuntarte da seguinte forma:

  • Descarga a ficha de inscrición aquí, envianola cuberta o correo xiradela@yahoo.es ou traea o primeiro día cuberta e fainos unha transferencia co importe de 23€ ( 18€ socio nun só pago anual+ 5€ de matrícula) na conta número ES36 2100 5097 2202 0016 9475 (titular Asociación Xuvenil Xiradela) na que apareza o nome do socio no concepto e adxunta o xustificante o correo .
  • Ponte en contacto con nós no correo xiradela@yahoo.es ou no teléfono 698179264 para calquer dúbida.
  • Animadevos a vir!!!.

CURSO 24/25

ACTIVIDADES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

A idade das actividades é orientativa.

As actividades realizaranse do 1 de outubro ao 21 de xuño.                              

As actividades precisarán dun número mínimo de alumnado para poder levarse a cabo.

BAILE TRADICIONAL (12/mes)

Impartido por:  Uxía Verdía, Fransy González, Marina Torrado

GrupoIdade MestreHorario 
Arroutada+8anosmedioFransyLuns19:00-20:00
Foliadeir@s+14 anosmedioMarinaLuns21:00-22:00
Bilitroques+3anosiniciaciónUxíaMércores16.00-17.00
Xiradeliñ@s+4anosiniciaciónUxíaMércores17:00-18:00
Xestiñas+14 anosiniciaciónMarinaMércores20:30-21:30
Cinquilimpé+14 anosperfeccionamentoMarinaMércores21:30-22:30

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes)

GrupoIdadeHorario 
Chiculate+4 anosMércores, 18:00-19:00 
Estalotes+8 anosLuns, 18:00-19:00 
Lume+12 anosXoves, 19:00-20:00 
A Pedreira+14 anosXoves, 20:00-21:00 
Riscadeiras+18 anos iniciación IMércores, 19:00-20:00 
Mistura+18 anos iniciación IIMércores, 21:30-22:30 
Troulada e Retelladas+18 anos intermedioLuns, 20:00-21:00 
Algarada+18 anos perfeccionamentoLuns, 21:00-22:00 
A Reghocheo+18 anos intermedioMércores, 20:30-21:30 
Iniciación+3 anos iniciaciónMércores,17:00-18:00 
Iniciación+18 anos iniciaciónXoves,21:30-22:30 

GAITA E PERCUSIÓN (15/mes)

Impartido por: Pedro Lamas

GrupoIdadeHorario
Percusión nenos+9 anosMartes, 17:00-18:00
Percusión adultos+16 anosMartes 18:00-19:00
Gaita iniciación I+9 anosMartes 19:00-20:00
Gaita perfeccionamento II+18 anosMartes 21:30-22:30

ACORDEÓN

Impartido por: Fran Barcía

GrupoIdadeHorario
Acordeón+9 anosVenres 19:00-20:00

NOVAS ALTAS :

Presencial: os días 2,3 e 4 de setembro na Asociación sita en Rúa Padre Villa nº 30 15142 Arteixo, A Coruña.

De 19:00-21:00 hrs. O importe que hai que pagar é de 18 euros de cota de socio anual e 5 euros de matrícula.

A partir do 20 de agosto descarga aquí ou na categoría DOCUMENTOS de esta web a ficha de inscrición, cúbrea e traea devolta á asociación. Tamén podes cubrila in situ.

Os pagos das actividades realizanse trimestralmente a través do banco.

BAIXAS : Notificaranse por correo electrónico inscripcionxiradela@yahoo.com, antes do día 25 de cada mes, é de obriga facelo así para evitar cargos innecesarios para vós. Responderemos nun prazo máx. de 72 horas coa tramitación da dita petición.

Colaboran: Deputación da Coruña e Concello de Arteixo.

Xiradelando

Propoñémosvos un verán do máis tradi para a cativada!

Será do 2 o 6 de setembro no local da Asociación.

Os horarios poden ser de 10:00-13:00 ou 09:00-14:00.

Dende 4 aniños ata 12.

Os prezos para socios 50€ ou 75€ segundo o horario escollido.

Os prezos para non socios 75€ ou 100€ segundo o horario escollido tamén.

Para apuntarte debes enviar un mail a xiradela@yahoo.es e despois de confirmarche a plaza facilitaremosche os datos para que o pago sexa por transferencia.

Animadevos porque tocaremos instrumentos, cantaremos, pintaremos piñas, faremos chapas, coñeceremos a vestimenta tradicional galega, e gozaremos con xogos de toda a vida como a corda, as culleres, o pano, o saco….

Quen se apunta?

XXXVI DÍA DA MUIÑEIRA EN ARTEIXO


A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXVI Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 12 de Maio ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación) 

BASES DO XXXVI DÍA DA MUIÑEIRA

– Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen.
– Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que  desexe.
– Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade.
– A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira do século XII” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos.
– A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que atoparas premendo aquí.
– O prazo de inscrición remata o domingo 5 de maio. 
– Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
– Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
Tlfno. de contacto:   698 179 264

XXIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

  1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
  2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
    CATEGORÍA A: ata aos 9 anos
    CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos.
    CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos.
    CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante.
  3. Só os 10 primeros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
  4. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
  5. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
  7. Os premios serán os seguintes:
  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
  1. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame.
  2. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.
  3. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade
  • Afinación
  • Interpretación
  1. O concurso terá lugar o día 21 de abril de 2024 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seránlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.
  2. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X.Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado,16 de marzo as 12:00 e remata o sábado, 6 de abril ás 24:00.
  3. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
  4. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
  5. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 2023. É necesario que os /as gañadores/as estén presentes no esceario para recoller dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante
    transferencia bancaria.
  6. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
  7. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264
    (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
  8. Descarga o formulario de inscrición aquí.