Estimado socio/a:
Convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro 26 de xuño, ás 21:00 h. en primeira convocatoria, e ás 21:30 h. en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos na orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Renovación da Xunta Directiva da asociación.
- Informe de secretaría.
- Informe de tesourería.
- Informe da vogalía de actividades de tempo libre.
- Rogos e preguntas.