XIX Concurso de Música Tradicional

GRUPOS DE PANDEIRETAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

CATEGORÍA A e B:

1º premio: trofeo e 200 €

2º premio: trofeo e 150 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D:

1º premio: trofeo e 250 €

2º premio: trofeo e 150 €

3º premio: trofeo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

– A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.

– A súa dificultade.

– A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 15 de abril de 2018 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 5 de abril de 2018.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 15 de abril de 2018. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes)

Correo electrónico: xiradela@yahoo.es